USC e Concello de Viveiro colaboran en investigar a relación entre minerais e algúns tipos de tumores

O obxectivo deste proxecto é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de quimioterapia e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes.


O Concello de Viveiro anuncia a súa colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela no proxecto de investigación “Intervalos de referencia de microminerais esencias e tóxicos na provincia de Lugo”, no que participan investigadores/as da USC e do Hospital Universitario Lucus Augusti, coordinados pola profesora Marta López Alonso.

O obxectivo deste proxecto é coñecer o papel dos minerais na incidencia de determinados tumores e avaliar o seu uso como complemento en tratamentos de quimioterapia e radioterapia, para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes.

Viveiro súmase á lista de concellos da provincia de Lugo que colaboran neste proxecto, permitindo a recollida de mostras de sangue e a posterior determinación analítica dos niveis de minerais das persoas interesadas en participar no proxecto de investigación.

Para poder participar é necesario ter entre 18 e 80 anos, vivir na provincia de Lugo e non estar recibindo tratamento oncolóxico. As persoas interesadas poden obter máis información na páxina web https://www.usc.gal/es/campusterra/minerales-cancer.

No Concello de Viveiro, as mostras tomaranse o luns 2 de maio, no Centro de Saúde, entre as 11:00 e 13:00 horas. Ademais, tomaranse mostras no Hospital de Burela, os días 2 e 4 de maio, entre as 8:00 e 10:30 horas e no Centro de Saúde de Ribadeo, o 4 de maio, entre as 11:00 e 13:00 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here